Skip to content

Asignación final de rols, traballos e tarefas

alejocedeira edited this page Jun 17, 2021 · 11 revisions

Adrián Xuíz García

  • Rol inicial: CEO
  • Rol final: CEO e CXO
  • Tarefas realizadas: Diseño xeral de toda a app e revisión continua. Tarefas externas a Android Studio (creación do logo e diversos recursos gráficos, organización da wiki, xeración de versións do apk, control da Android Console, comunicacións cos profesores da materia...). Creación do boceto inicial da app e implementación da barra de navegación cos fragments. Revisión e correción de erros e bugs xerais ao longo de toda a app.

Para información máis detallada, revisar os commits de Git

Lois Soto López

  • Rol inicial: COO
  • Rol final: COO Login usuario
  • Tarefas realizadas: Xestión de Usuarios e presentación do EULA. Funcionalidades de acceso e rexistro, tendo a segunda un fluxo combinado co proceso de rexistro no sistema Firebase de Google. Xestión de Sesión asociada a estes procesos de cara á UI e o backend externo. Especificación de requisitos de comunicación co backend propio para estas funcionalidades de acceso e rexistro (non implementación). Proposta da idea orixinal.

Para información máis detallada, revisar os commits de Git

Javier Mejuto Vázquez

  • Rol inicial: CTO
  • Rol final: CTO e CDO
  • Tarefas realizadas: implementación MapsActivity: actualizacións de ubicación do usuario, pintado da ruta realizada, calculo de puntuación e tempo, petición de permisos de xeolocalización (realizado en HomeFragment); implementación InfoActivity; implementación de screenshot de ruta e compartir en redes sociais; implementación multimedia: establecer foto de perfil a través da cámara ou galería de fotos e petición de permisos, xestión botón back para controlar fluxo de actividades.

Para información máis detallada, revisar os commits de Git

Alejo Nahuel Cedeira Vidal

  • Rol inicial: CDO e CXO
  • Rol final: CTO e CDO Backend de servizos
  • Tarefas realizadas: Implementación de todo o servidor do backend. Realización da API REST con Flask e conexión con base de datos Postgresql. Despligue deste en Heroku de maneira provisional. Exemplo de dockerización neste mesmo repositorio para probas locais. Integración completa do backend na aplicación, tanto as peticións como a disposición dos resultados nas activities e fragments correspondentes. Implementación do servicio en segundo plano para uso da app sen necesidade de estar nela. Axuda inicial a Javier no referente aos maps e á ubicación e revisión continua do diseño e propuestas sobre este, engadindo detalles finais.

Para información máis detallada, revisar os commits de Git

Polo xeral a realización das tarefas que vimos de enumerar foron realizadas integramente polas persoas ás que se asocian. Non obstante, houbo unha comunicación constante entre os integrantes do grupo de cara á validación de requisitos.

Do mesmo xeito, a idea proposta foi desenvolvida conceptualmente en igual medida polos integrantes do grupo. Destacamos tamén que se logrou unha acertada estimación en tempo e esforzo, axustada ás condicións de dispoñibilidade dos integrantes do grupo.